Deseñar hoxe as comunicacións do futuro e dar resposta ás necesidades da sociedade é a razón de ser de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Con máis de 150 profesionais, apoiados nuns laboratorios e infraestructuras de referencia internacional, centramos a nosa actividade en tres áreas de investigación: comunicacións, servicios dixitais e ciberseguridade.
O noso principal obxectivo é investigar, atraer e reter talento, xerar coñecemento de alto valor engadido e transferilo ao tecido produtivo. Participamos e lideramos proxectos de investigación e iniciativas tractoras, colaborandos con socios tecnolóxicos nacionais e internacionais.
atlanTTic conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.
Misión, visión e valores
O nosa misión é impulsar o avance da sociedade a través da xeración e da transferencia de coñecemento no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación e os servizos dixitais.
A nosa visión é ser un actor clave a nivel internacional no avance da investigación e da innovación en tecnoloxías de telecomunicación e servizos dixitais.
Os principais valores de atlanTTic son os seguintes:
- Ciencia aberta, accesible e transferible
- Excelencia en investigación e innovación
- Multidisciplinariedade e interdisciplinariedade
- Inclusividade e igualdade
- Compromiso coa sociedade e a sostibilidade
- Ética e integridade