Universidade de Vigo

A estrutura organizativa do centro está formada pola comisión reitora da Universidade de Vigo, a dirección, a comisión científica asesora externa, o comité científico e o comité de dirección.

Organigrama

Facendo clic en calquera dos recadros imos a unha páxina que prové máis información.

Comisión reitora Equipo científico Equipo de soporte Comisión científica Asesora externa ( CAE ) Comité de dirección ( CD ) Comité científico Comisión de formación Comisión de infraestruturas Dirección Igualdade

Comisión Científica Asesora Externa

Órgano consultivo externo formado por personal investigador de recoñecido prestixio no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación, con funcións como a de proporcionar recomendacións estratéxicas e avaliar periódicamente a actividade científica do centro. 

Comité de Dirección

A súa finalidade é o apoio na toma de decisións e o despregamento operativo das prioridades estratéxico.

Comité Científico

Órgano de goberno con regulamento de funcionamento propio, con diferentes funcións nas que se incluen a aprobación do plan estratéxico, a aprobación da incorporación de novo persoal adscrito ou a proposición á Comisión Reitora de persoa candidatas á Dirección do centro.

Comisión de Formación

Definición do plan de formación interno anual para todo o persoal do centro e deseño do itinerario formativo dedicado ao persoal investigador.

Comisión de Infraestruturas

Asesorar na adquisión de novas infraestructuras, na melloras nas existentes e na definición dos servicios prestados a través de infraestructuras comúns.