Universidade de Vigo

A provisión de solucións de protección de privacidade de datos sensibles é un aspecto crucial no traballo do noso persoal investigador, situándonos como un referente internacional. A implantación destas solucións potencia a seguridade e a confianza dos usuarios nos sistemas de manexo e procesado de datos privados, sen restrinxir a funcionalidade ofrecida polas empresas/institucións, xerando unha vantaxe competitiva fundamental para as empresas, así como un novo abano de servizos seguros.

Outro dos campos punteiros en investigación de atlanTTic é a criptografía cuántica. Esta, proporciona seguridade absoluta ás comunicacións facéndoas invulnerables mesmo por atacantes que dispuxesen de toda a capacidade computacional do universo. É dicir, son sistemas que non poden ser rotos. Nun mundo onde o tráfico de información delicada ou comprometida é crecente a través de internet, gobernos e institucións son conscientes que deben traballar creando redes seguras de comunicación que empreguen estes protocolos. De feito, o noso persoal investigador adscrito ao Vigo Quantum Communication Center (VQCC), un laboratorio especializado en tecnoloxías de comunicacións cuánticas promovido polo noso centro, son líderes neste ámbito.

Contamos co recoñecemento internacional nos ámbitos da seguridade, privacidade, criptografía e comunicacións cuánticas.

Liñas de investigación:

  • Seguridade e privacidade
  • Criptografía e comunicacións cuánticas