O noso persoal investigador traballa nas diferentes liñas científicas implicadas na busca da maior eficiencia das comunicacións, ámbito no que se teñen aberto moitos e interesantes retos como as comunicacións adaptativas ou as arquitecturas híbridas beamforming.
Entre outras liñas de investigación, traballamos para potenciar e transferir á industria solucións baseadas nas redes 5G e 6G. Cirurxía en remoto, cidades intelixentes, o coche autónomo ou o Edge computing son algunhas das tecnoloxías que centran os nosos proxectos. O laboratorio de 5G e 6G do centro, referente no noroeste peninsular polo seu equipamento e infraestruturas, está aberto á sociedade e ao servizo da industria tecnolóxica.
No ámbito das tecnoloxías aeroespaciais, somos un referente desde o ano 2007 cando, a través dunha colaboración coa Axencia Espacial Europea (ESA), o noso persoal investigador puxo en órbita o primeiro satélite galego e o primeiro cubesat a nivel nacional, no seo do proxecto Xatcobeo. Unha carreira científica que continua coa participación en proxectos e contratos nacionais e internacionais e que, na actualidade, fai que o noso centro sexa recoñecido como un polo de referencia nesta tecnoloxía.
Tamén somos líderes en comunicacións cuánticas, ópticas e fotónica integrada, un sector punteiro en Europa no que acadamos unha posición de referencia grazas o noso laboratorio especializado QOPHI Lab.
5G e beyond, comunicacións por satélite, óptica e fotónica, e electromagnetismo son algunhas das lineas de investigación dirixidas a resolver o reto da conectividade do futuro
Liñas de investigación:
- Redes B5G e comunicacións inalámbricas
- Fotónica integrada e microelectrónica
- Sistemas aeroespaciais e de defensa