Universidade de Vigo

Díaz Otero, Francisco Javier

Díaz Otero, Francisco Javier
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-020

Enxeñeiro de Telecomunicacións no 1995 pola Universidade de Vigo. Posteriormente estudou o bienio de cursos de doutoramento no Departamento de Teoría de Sinais e Comunicacións desta Universidade. Cursou un ano de estancia en Siemens AG en Berlín, no Departamento de Redes de Comunicación Pública, realizando probas sobre sistemas de conmutación óptica WDM SLA 16. Despois desta estadía, e tras completar os cursos de doutoramento, desenvolveu a súa carreira profesional durante 16 anos en diferentes empresas do sector TIC como Vodafone, Movistar e en empresas de enxeñaría dedicadas á radiocomunicación e a proxectos de despregamento de fibra óptica. En paralelo, comezou a súa actividade de investigación no campo da óptica non lineal e os solitones ópticos. Obtivo o seu doutoramento no 2009 e converteuse en Profesor Contratado Doutor da Universidade de Vigo en 2012. Actualmente e profesor TItular e o seu labor investigador céntrase nos solitones ópticos e a fotónica integrada aplicada ás telecomunicacións e as tecnoloxías cuánticas. Dirixiu máis de trinta e cinco Traballos de Fin de Grao, actualmente dirixe tres teses doutorais no ámbito da fotónica integrada.

É asesor tecnolóxico para a Xunta de Galicia, director rexional do European Satellite, e formador/asesor de importantes empresas en fotónica, participando en dous proxectos da Unión Europea en novos enfoques e accións de innovación en formación programas en universidades e é PI para EDIFY e DRIVE-In, MSCA-ITN-EID sobre avances en software de simulación e fabricación de InP. Supervisou máis de 40 estudantes e once estudantes de doutoramento.