Roberto López Valcarce é Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (1995) e doutor en Electrical Engineering pola Universidade de Iowa, EE. UU (2000). De 2001 a 2006 gozou dun contrato ‘Ramón e Cajal’ do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía no Departamento de Teoría de Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, no que actualmente é Profesor Titular. As súas liñas de investigación desenvólvense no campo do tratamento de sinal aplicado ás comunicacións dixitais e ás redes de sensores, incluíndo aspectos tales como sensado espectral, estimación de canle, mostraxe comprimida, comunicacións full- duplex, predistorsión dixital e procesado distribuído. É coautor de máis de 50 artigos en revistas internacionais de primeira liña e coinventor en diversas patentes en explotación desenvolvidas en colaboración con empresas privadas. É receptor do 2005 Best Paper Award da IEEE Signal Processing Society, así como do Premio Galicia de Investigación 2007 da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia na modalidade “investigadores novas”. Do 2008 ao 2011 foi Editor Asociado da revista IEEE Transactions on Signal Processing, e membro electo do IEEE Signal Processing for Communications and Networking Technical Committee de 2011 a 2013. Desde 2018 é Editor de Área da revista Signal Processing de Elsevier.
López Valcarce, Roberto
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación