Artemio Mojón Ojea é Enxeñeiro de Telecomunicación (especialidade Telemática), pola Universidade de Santiago de Compostela, e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. É profesor titular no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, da E.I. de Telecomunicación da Universidade de Vigo. Foi Subdirector deste Departamento e Secretario da Escola. Na actualidade é, de novo, Subdirector do Departamento e Coordinador do Plan de Acción Titorial da Escola. Ao longo dunha xa dilatada traxectoria, impartiu docencia en todos os niveis universitarios, dirixido teses de doutoramento e numerosos proxectos de fin de carreira. No plano investigador, as súas liñas de interese fundamentais son a bioiexeñaría e o tratamento de sinais biolóxicos, con especial dedicación ao estudo da presión arterial e á valoración e modificación do risco cardiovascular. Froito diso participou en numerosas publicacións e proxectos.
Mojón Ojea, Artemio
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación