Universidade de Vigo

Xornada: 5G como impulso da economía dixital

“5G COMO IMPULSO DA ECONOMÍA DIXITAL”  é a primeira sesión dun conxunto de actividades relacionadas co 5G impulsadas polo nodo 5G, en colaboración co Laboratorio 5G da Universidade de Vigo, RETEGAL e AMTEGA. O obxectivo desta sesión é o de establecer as bases para un coñecemento mínimo de cara ás seguintes sesións nas que se mostrarán conceptos e prácticas coa rede 5G. O nodo 5G é unha iniciativa que promove e dinamiza o sector TIC galego mediante actividades de formación e networking para agrupar aos diferentes axentes que poidan requerir ou executar proxectos relacionados co 5G.

Felipe Gil, investigador de atlanTTic e docente da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, impartirá esta primeira sesión dirixida principalmente a profesionais do ámbito das telecomunicacións, emprendedores/as e estudantes. Nela abordará algunhas cuestións como a evolución das tecnoloxías de comunicación celulares, as principais características das tecnoloxías 5G, as principais novidades tecnolóxicas e exporá casos de uso e modos de aplicación.

As persoas interesadas poden realizar a inscrición na seguinte ligazón.