Universidade de Vigo

Curso de Experto/a en Tecnoloxías cuánticas da información

Trala primeira revolución cuántica, que levou ao desenvolvemento dos láseres e dos semicondutores, actualmente a ciencia está inmersa na segunda revolución cuántica que quere aproveitar todo o control acadado nas últimas décadas na manipulación de sistemas cuánticos individuais, para mellorar significativamente as tecnoloxías que empregamos para almacenar, procesar e transmitir información.

Entre as principais aplicacións que se albiscan, están os computadores cuánticos; que permitirán, entre outras cousas, resolver problemas matemáticos de forma exponencialmente máis rápida que os seus análogos clásicos, simular con precisión sistemas físicos complexos, ou deseñar eficientemente moléculas e fármacos; e as comunicacións cuánticas, que garantirán a seguridade das comunicacións independentemente da capacidade computacional dun posible atacante.

Datos básicos do curso

  • Número de prazas: 25
  • Do 1 de febreiro de 2023 ao 4 de setembro de 2023
  • Número de créditos: 21 ECTS
  • Número de horas de docencia: 162,2 horas
  • Linguaxe de impartición: castelán
  • Modalidade de ensino: mixta. As materias impartiránse presencialmente na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e tamén poderán ser seguidas de forma online a través do Campus Remoto e Moovi
  • Horario: mércores e xoves, de 16:00 h a 20:00 h, e venres, de 16:00 h a 19:00 h
  • Coordinador académico: Marcos Curty
  • Contacto: 986 818615 | mcurty@com.uvigo.es

Persoas destinatarias

Orientado a persoas tituladas universitarias de primeiro e segundo ciclo nos campos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría ou as matemáticas, e a profesionais do sector TIC que reúnan os requisitos de habilitación de acceso á Universidade.

Obxectivos e programa

Este curso, enmarcado na Escola Aberta de Formación Permanente, ofrece unha base sólida de coñecementos actualizados sobre as tecnoloxías cuánticas da información, facendo especial énfase na computación e nas comunicacións cuánticas. Estas novas tecnoloxías serán imprescindibles nos próximos anos, e este curso dará resposta á demanda empresarial que require de profesionais competentes.

O curso é autocontido e non asume ningún coñecemento previo de mecánica cuántica ou de teoría clásica da información. A estrutura do curso é a seguinte, onde os coñecementos teóricos impartidos se levarán á práctica a través da realización de exercicios e a realización dun traballo fin de curso.

Módulos teóricos

  • Fundamentos de Información Cuántica (6 ECTS)
  • Computación cuántica (6 ECTS)
  • Comunicación cuántica e critografía cuántica (6 ECTS)
  • Traballo final de curso (3 ECTS)

Módulos de titorías

  • Resolución de dúbidas e de consultas previa cita co profesorado.

Profesorado

O curso estará impartido por docentes da Universidade de Vigo e profesorado invitado da Universidade de Xenebra, entre os que se atopan persoas expertas de reconocido prestixio internacional nestas tecnoloxías: Guillermo Currás Lorenzo, Marcos Curty, Manuel Fernández Veiga , Margarida Amélia Freitas Pereira, Carlos Mosquera Nartallo, Álvaro Navarrete Rodríguez, Ángel Paredes Galán Óptica, Rebeca Pilar Díaz Redondo, Víctor Zapatero Castrillo e Davide Rusca.

Matrícula

A matrícula pódese facer directamente a través desta ligazón.

Prezos

  • Público en xeral: 1.890 €
  • Alumni UVigo: 1.701 €
  • Comunidade UVigo: 1.606,5 €
  • Persoas desempregadas ou con discapacidade*: 1.606,5€
    *(enviar a documentación acreditativa no prazo de matrícula a prezospúblicos@uvigo.gal)

 

Máis información na seguinte ligazón.