
Enxeñeiro de Telecomunicación (1995) e doutor en Enxeñaría de Telecomunicación (2001) pola Universidade de Vigo, España. Actualmente é Catedrático de Universidade no Departamento de Enxeñaría Telemática e investigador do Centro de Investigación AtlanTTic. Dirixiu e participou en máis de 50 proxectos de I+D nas áreas de Servicios Telemáticos e Intelixencia Artificial en convocatorias nacionais e internacionais. En 2010 foi galardoado coa Medalla da Orde ao Mérito do Ministerio do Interior, polo apoio ás Forzas de Seguridade españolas na loita contra a delincuencia infantil en Internet. Participa regularmente como avaliador de proxectos, a nivel rexional, nacional e internacional, a través de diversos programas da Unión Europea e dos seus países membros. Ten publicados máis de 40 artigos en revistas internacionais indexadas, más de 20 capítulos de libros e más de 100 trabajos en conferencias e congresos internacionais. Tamén é revisor habitual de varias conferencias e revistas internacionais de primeiro nivel e editor de área da revista Simulation Modeling Practice and Theory (SIMPAT, Elsevier) nos seus temas de interese: sistemas intelixentes, teoría de xogos evolutiva, autoorganización é sistemas complexos adaptativos.