Universidade de Vigo

Cuiñas Gómez, Íñigo

Cuiñas Gómez, Íñigo
Catedrático/a de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-012

Enxeñeiro de Telecomunicación (1996) e Doutor (2000) pola Universidade de Vigo. Ao longo da súa carreira, a súa investigación orientouse a estudos experimentais de propagación radioeléctrica, centrándose nos últimos anos na propagación de ondas en contornas vegetados, rurais ou, en xeral, complexos; e os aspectos ambientais dos sistemas de radiofrecuencia, como o control e a redución da contaminación electromagnética. Foi Profesor Titular en 2006 e actualmente é Catedrático de Universidade (desde 2012) no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións, do que é Director dende 2023. Foi Director da Escola de Enxeñería de Telecomunicación, onde imparte docencia desde o 2000, entre 2015 e 2021. Dirixiu 6 teses de doutoramento, e é coautor de máis de 90 artigos en revistas científicas e de máis de 120 contribucións a congresos internacionais, así como de varios libros. Ademais, é revisor de Proceedings of the IEEE, IEEE Trans. on Antennas and Propagation, IEEE Trans. on Vehicular Technology, IEEE Trans. on Broadcasting, IET Microwaves, Antennas and Propagation, IET Soar Radar and Navigation, etc.