Universidade de Vigo

Fernández Iglesias, Manuel José

Fernández Iglesias, Manuel José
Catedrático/a de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho B-403

Enxeñeiro de Telecomunicación (1990) pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación (1997) pola Universidade de Vigo. Desde 1990 é profesor a Escola de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo. Ten máis dun centenar de publicacións internacionais no ámbito das TIC, e participa regularmente en proxectos de investigación internacionais con empresas e institucións do sector TIC, así como en proxectos internacionais de cooperación educativa. Entre 2005 e 2009 interrompe esa dedicación para incorporarse á administración galega como Director Xeneral de Comunicación Audiovisual e ao operador de telecomunicacións Retegal S.A. como Conselleiro Delegado, co labor de deseñar e dirixir o proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre en Galicia, así como outros grandes proxectos no campo das infraestruturas de telecomunicación. A súa actividade investigadora céntrase nos servizos de telecomunicación en campos como a educación, a atención á dependencia, o deseño formal de sistemas distribuídos, as arquitecturas de computadores, os dispositivos e redes sen fíos, a recuperación de información, os sistemas de xestión de contidos, ou a representación de información multimedia.