Universidade de Vigo

Martín Rodríguez, Fernando

Martín Rodríguez, Fernando
Profesor/a titular de universidade
Grupo de investigación
Contacto
Despacho A-506

Enxeñeiro de Telecomunicación (1993) e Doutor Enxeñeiro (1999), ambos os títulos concedidos pola Universidade de Vigo. Profesor da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo desde 1995 (antes foi profesor na Facultade de Informática da Coruña). Actualmente, é profesor titular. Durante a súa carreira profesional realizou unha estadía de investigación no NIST (National Institute of Standards and Technology) en Maryland (USA), 1997. Como resultado da súa actividade investigadora participou en sete proxectos de financiamento público (Universidade, Xunta, CEE) e en dezasete acciones de transferencia de tecnoloxía (proxectos con empresas). Respecto á temática dos proxectos realizados a maioría céntranse no procesado de imaxe (análise de imaxe e visión artificial) aínda que tamén existen proxectos relacionados con redes de datos e telefonía. Publicou 8 artigos en revistas internacionais, outros 30 artigos en congresos internacionais e 37 artigos en congresos nacionais.