Antonio Pino García (ata 2015 Antonio García Pino) titulouse como Enxeñeiro de Telecomunicación en 1985 e como Doutor en 1989, en ambos os casos pola Universidade Politécnica de Madrid. Desde 1985 ata 1989 pertenceu ao Grupo de Radiación da UPM como investigador. Desde Febreiro de 1987 é profesor na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación de Vigo, sendo nomeado en 1990 Profesor Titular e en 1995 Catedrático de Universidade á idade de 32 anos. Durante 1993 realizou unha estadía de investigación no “Center for Electromagnetics Research” da Northeastem University de Boston. As súas áreas de investigación inclúen antenas reflectoras conformadas para aplicacións espaciais e terreais, difracción electromagnética de alta frecuencia, electromagnetismo computacional, tecnoloxía de Terahercios, exposición a campos electromagnéticos e sistemas de comunicacións. Neses temas é autor de máis de 100 artigos en revistas e congresos internacionais e foi director de 14 tese doutoral.
É Senior Member da IEEE desde 2005. Entre 2006 e 2010 foi vicerreitor de Organización Académica e Profesorado. Desde 2013 ata a actualidade, é máximo responsable dos estudos de doutoramento na Universidade de Vigo como director da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO). Experiencia en transferencia de tecnoloxía: 2 patentes e un modelo de utilidade. Investigador principal de 18 contratos de investigación con empresas.