Nacimos no 2010 e desde entón mantemos como obxectivos formar e atraer o mellor persoal investigador no noso ámbito, captar proxectos I+D europeos e internacionais, a excelencia investigadora coa calidade das publicacións como principal indicador e a transferencia do coñecemento e tecnoloxías á sociedade e tecido industrial. O noso persoal investigador é o responsable das nosas boas cifras anuales, que amosamos a continuación.
A nosa historia en 5 fitos
Neste ano iniciamos a nosa andadura como agrupación AtlantTIC, constituíndonos nun axente agregador do coñecemento e excelencia investigadora, con mais de 150 investigadoras e investigadores no ámbito das telecomunicacións. Nuria González Prelcic, a nosa primeira directora, definiunos coma “una estrutura investigadora potente e eficiente, de tamaño manexable e capaz de abordar proxectos colaborativos”.
2010-2014. Agrupación Estratéxica
Durante os primeiros catro anos, continuamos co noso desenvolvemento, sumando ata perto de 180 profesionais recoñecidos pola súa excelencia científica e capacidade de transferencia, e comprometidos co desenvolvemento da investigación no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
2014-2016. Agrupación Estratéxica Consolida
Neste periodo, continuamos mantendo unha intensa vinculación coa academia e o tecido empresarial. No ano 2016, o goberno galego aválanos como Centro Singular de Investigación de Galicia, e desde aquí asume a dirección do centro Carlos Mosquera Nartallo.
2016-2019. Centro Singular de Investigación de Galicia
Xa como centro de investigación, impulsado pola Universidade de Vigo, actualizamos a nosa imaxe e estratexia, pasando a denominarnos atlanTTic para enfatizar o noso valor diferencial: as Tecnoloxías de Telecomunicación.
2019-actualidade. Centro de Investigación do SUG
A finais do 2019, renovamos a nosa acreditación como centro e pasamos a denominarnos Centro de Investigación do SUG, quedando integrados na nova rede constituida por centros de excelencia de Galicia, a rede CIGUS. No ano 2020 toma o relevo na dirección Martín Llamas Nistal, quen dirixe o centro na actualidade.
2010
2010-2014
2014-2016
2016-2019
2019-actualidade