Universidade de Vigo

O Centro dispone dunha serie de estruturas de goberno e xestión que garanten a excelencia, transparencia, responsabilidade, igualdade, rendición de contas, cultura organizacional e participación efectiva dos diferentes axentes implicados no proceso de investigación.

Organigrama

Comisión reitora Equipo científico Equipo de soporte Comisión científica Asesora externa ( CAE ) Comité de dirección ( CD ) Comité científico Comisión de formación Comisión de infraestruturas Dirección Igualdade

Comisión Reitora

Supervisa a actividade de atlanTTic, realizando un seguimento de seu traballo, avaliando o cumprimento de obxectivos e o seu plan de actuación.

Comisión Científica Asesora Externa

Órgano consultivo externo formado por personal investigador de recoñecido prestixio no ámbito das tecnoloxías de telecomunicación, con funcións como a de proporcionar recomendacións estratéxicas e avaliar periódicamente a actividade científica do centro. 

Comité de Dirección

A súa finalidade é o apoio na toma de decisións e o despregamento operativo das prioridades estratéxicas.

Comité Científico

Órgano de goberno con regulamento de funcionamento propio, con diferentes funcións nas que se incluen a aprobación do plan estratéxico, a aprobación da incorporación de novo persoal adscrito ou a proposición á Comisión Reitora de persoa candidatas á dirección do centro.

Comisión de Formación

Definición do plan de formación interno anual para todo o persoal do centro e deseño do itinerario formativo dedicado ao persoal investigador.

Comisión de Infraestruturas

Asesorar na adquisión de novas infraestructuras, na melloras das existentes e na definición dos servicios prestados a través de infraestructuras comúns.