Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua. Ut enim ad minim veniam, quis nostrud exercitation ullamco laboris nisi ut aliquip ex ea commodo consequat. Duis aute irure dolor in reprehenderit in voluptate velit esse cillum dolore eu fugiat nulla pariatur. Excepteur sint occaecat cupidatat non proident.
Cámara Acústica Semianecoica
Este espazo proporciona as condicións acústicas de referencia necesarias para poder caracterizar fontes sonoras sen a influencia de reflexións e reverberación. Nesta sala pódense abordar, entre outros, ensaios de potencia acústica (normas UNE EN ISO 3744, 3745 e 3746), verificación de fontes sonoras conforme aos requisitos da norma UNE EN ISO 140-5, así como a caracterización de diversos materiais.
A infraestrutura compleméntase cunha sala de control Non Environment, que consiste nun espazo de escoita controlado, que proporciona una resposta en frecuencia uniforme desde 20 Hz a 20.000 Hz.
A sala está conectada coa cámara semianecoica: os equipos de ensaio e gravación están instalados na sala de control, permitindo monitorizar e rexistrar tanto o vídeo como o audio dos ensaios realizados na cámara semianecoica. A configuración da sala e as súas condiciones acústicas permiten avaliar a calidade acústica de fontes sonoras e de sistemas de codificación de audio.
Cámara de Termo-Baleiro
Infraestrutura que permite a realización de probas de termo-baleiro de pequenos satélites, resultando de gran utilidade tanto para o desenvolvemento da liña de investigación en tecnoloxías aeroespaciais como para a súa posta en valor mediante a prestación de servizos especializados ao tecido industrial. Entre as súas especificacións destacan: cámara cilíndrica de 450mm x 500 mm; presión 10-2 mbar; temperaturas -150°C a +150°C; velocidade de quecemento e arrefriamento ±2ºC/min.
Estación terrea
Cóntase con dúas estacións terreas para o seguimento e operación de satélites. Ambas estacións dispoñen de antenas e equipos para VHF, UHF, banda L e banda S.
As estacións empréganse tamén para dar soporte a misións doutras entidades durante as fases de LEOP e commissioning, así como en situacións de continxencia. Tódalas súas operacións están automatizadas, requirindo polo tanto unha mínima intervención dos operadores durante os períodos de comunicación cos satélites.
Sala Limpa (ISO 7)
Cámara limpa clase 10000 equivalente a ISO 7, cunha superficie de 9m² de zona lima e outros 9m² de pre-cámara. Dispón das instalacións necesarias para protección ESD (toma de terra, solo disipativo, mantas ESD…), instalación eléctrica protexida, SAI, tomas de rede e WiFi. Nesta cámara lévanse a cabo habitualmente actividades de AIV para pequenos satélites, incluíndo tests a nivel de subsistema e sistema e integración de satélites.
Smart Room
Deseñada como unha sala intelixente sensorizada con cámaras e micrófonos que permiten analizar automaticamente o que sucede dentro da mesma, tomar decisións e ofrecer diferentes puntos de vista do que fan os usuarios da sala, proporcionando información útil a los usuarios en relación coas súas actividades. Esta infraestrutura permite investigar a creación de sistemas informáticos capaces de interpretar a comunicación e acción humanas.