atlanTTic está comprometido coa igualdade de xénero de maneira transversal. Asumímola en toda a nosa actividade investigadora. Os valores e o desenvolvemento das persoas que conformamos o Centro son os elementos clave para lograr estes obxectivos. Por iso, búscamos garantir a igualdade de xénero a través do impulso de medidas centradas no recoñecemento, promoción e integración do principio de igualdade efectiva entre mulleres e homes.
Defendemos e practicamos os principios “RRI, investigación e innovación responsable” –do inglés Responsible Research and Innovation– para dar resposta ás demandas da sociedade. O I Plan de Acción en Igualdade de atlanTTic está aliñado cos obxectivos do III Plan de Igualdade entre mulleres e homes da Universidade de Vigo, e nel propóñense acción estruturadas dentro de 4 eixes de actuación:
- Cultura da igualdade: sensibilizar, visibilizar e comunicar.
- Medidas relativas á igualdade nas estruturas funcionais e organizativas do Centro.
- Investigación e transferencia de coñecemento con perspectiva de xénero.
- Traballar e investigar no Centro en igualdade e promover condicións socio-laborais con perspectiva de xénero.
Para espallar a cultura da igualdade e contribuír á aplicación e ao seguimento das accións propostas no noso centro, foi designada a investigadora Edita de Lorenzo Rodríguez como enlace de igualdade, sendo así o punto de referencia do centro para todas as cuestións relacionadas.
Ademais, desde febreiro de 2023, contamos co Distintivo de Igualdade da Universidade de Vigo, que recoñece a nosa labor no impulso e promoción da igualdade entre homes e mulleres a través dun proceso de avaliación das actividades, iniciativas e prácticas que se realizan neste eido.
A continuación, podes coñecer de preto as actividades nas que participamos para fomentar a igualdade:
O Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, celebrou hoxe a terceira e última xornada “Conectando en Igualdade: a…
Valorar e dar visibilidade ás investigadoras da institución, ademais de tratar de espertar a vocación científica entre a mocidade galega con figuras femininas da…